A cita tivo lugar esta tarde de onte no
auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares
Cruz Vermella Española levou a cabo onte en Ordes unha charla informativa co obxectivo de dar a coñecer o seu servizo
de teleasistencia. En colaboración co Concello de
Ordes, o encontro foi deseñado especialmente para dar resposta ás dúbidas dos maiores da zona.
A teleasistencia é un servizo social de
carácter preventivo dirixido especialmente ás persoas maiores, enfermos
crónicos ou persoas con discapacidade. Está
operativo as vintecatro horas do día durante os 365 días do ano. O obxetivo principal é
mellorar a calidade de vida dos usuarios ao posibilitar que poidan vivir nos seus
domicilios habituais durante más tiempo.
Ante situacións de emerxencia
Este sevizo proporciona autonomía e
independencia xa que ante cualqueira situación de emerxencia poden pedir axuda
a Cruz Vermella pulsando un pequeño dispositivo. Ademais también se instala un
aparato conectado á la línea telefónica e á toma eléctrica.
*