Nesta nova sesión a música e a
literatura daranse a man para deleite dos nenos e nenas do Concello
Mañá venres a partir das 18:30 horas
a biblioteca de Ordes acollerá unha nova sesión de Tardes de contos e lendas.
Nesta ocasión a narración oral entremezclarase coa música grazas ó relato
'Contos con guitarra', unha historia na que os rapaces e rapazas poderán interactuar con cancións e actividades
previamente programadas.
O grupo Leo Leíño será o encargado de levar a cabo
esta nova cita totalmente gratuita e especialmente pensada para os nenos e
nenas de 3 a 6 anos. A ela poderán acudir tamén pais, nais ou coidadores que
desexen participar conxuntamente cos cativos.
*