Foron preto de 250 os patinadores participantes, chegados de Ordes, Cambre e Carral
Esta mañá tivo lugar no pavillón
Castelao a III Exhibición Municipal de Patinaxe Artística Ordes 2012 coa
participación de preto de 250 patinadores de distintas idades. En total
foron vinte os equipos con representantes pertencentes a distintas categorías
chegados de distintas partes da provincia. De Ordes contouse coa participación
dos clubes Campomaior, Alquimia e Castelao. Dende Laracha acercouse o C.P
Coruxo, mentres que de Cambre e Carral asistiron os patinadores do Torrente
Ballester e do EM Carral, respectivamente.
Coreografías
Familiares, amigos e
seguidores abarrotaron as gradas do polideportivo Castelao para poder disfrutar
das coreografías representadas por rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os
17 anos. Misión imposible, Single lady, Cantando bajo la lluvia ou Dirty Dancing foron algúns dos títulos
que animaron a todos os asistentes.
Víctor, campión provincial
Víctor, campión provincial cadete, ofreceu
unha exhibición do seu bo facer, deixando patente que o título que ostenta é ben merecido dado o dominio
que ten sobre os patíns e a súa calidade interpretativa.
Medallas
Tras a participación de cada equipo todos
os participaron saltaron á pista onde o concelleiro delegado de Deportes de Ordes, Roberto Iglesias, e a
concelleira de Discapacidade, Lucía Iglesias, fixeron entrega de medallas a
cada un dos participantes nesta nova edición organizada polo Concello de Ordes.
*