domingo, 27 de mayo de 2012

Os xuvenís da S.D. Órdenes ascenden á Liga Nacional



Logo de vencer por tres tantos a dous á S.D. Compostela

Xogadores, técnicos, directivos e seguidores celebraron a xesta na Alameda de Ordes 

Os xuvenís da S.D. Club Órdenes venceron onte á tarde á S.D. Compostela por tres tantos a dous no campo anexo dous de Vista Alegre, o que lles supón o  ascenso á Liga Nacional Xuvenil. A victoria final xa se intuía antes de finalizar a primeira parte do encontro, cado a escasos 25 minutos do seu comezo, os xogadores do Órdenes xa se adiantaban por tres goles aos composteláns. 


Marea verde
Álvaro, Javi  e Suso foron os artífices dos goles que desataron a loucura dunha marea verde formada por centos de seguidores e afeccionados que non deixaron de animar.

Antes de que concluira o primeiro tempo, Escudero inauguraba o marcador dos visitantes nun tanto marcado de penalti. O mesmo castigo transformouse nun segundo tanto a favor dos visitantes marcado por Mon, tras unha man dentro da área minutos antes de que concluira o partido.


Celebracións
Tras o pitido final xogadores, cadro técnico, directiva e afeccionados saltaron ó terreo de xogo onde unha choiva de cava testemuñaba a sobredose de entusiasmo e ledicia polo ascenso. Xa na Alameda da vila de Ordes continuaron coa celebración.


Xogadores
Os xogadores responsables desta xesta son: Dani, Pablo Caamaño, Sergi, Seo, Pablo Regos, Rodri, Suso, Álvaro, Javi, Denís e SantiSuplentes: Esteban, Iván, Villa, Mosquera, PampínAdestrador: Andrés Durán.


*