jueves, 31 de mayo de 2012

Aberto o prazo de inscrición para a XXXIV Xuntanza de Maiores


O Concello porá a disposición dos interesados un autobús para acudir a este encontro que terá lugar no Carballiño o vindeiro 9 de xuño

Ata o próximo 7 de xuño, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes manterá aberto o prazo para asistir á XXXIV Xuntanza de Maiores, que terá lugar o próximo 9 de xuño na localidade do Carballiño (Ourense). 

O programa para ese día inclúe un concerto de banda, entrega de agasallos e comida campestre. A xornada de convivencia, organizada pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, dará comezo ás 10.30 horas e finalizará ás 20:00 horas. Os interesados en acudir disporán dun servizo de autobús por un prezo de tres euros.
     
*