Serán 45 as horas de duración das cales quince son
presencias e trinta de teleformación
O Concello de Ordes e a Asociación de
Traballadores Autónomos veñen de convocar un curso de deseño gráfico. En total
ofértanse dezaseis prazas das cales seis están destinadas a persoas en situación de
desempleo e as nove restantes a autónomos. En total levaranse a cabo dúas accións
formativas que se desenvolverán na aula de informática ubicada na Casa da
Cultura a partir do vindeiro mes de xuño.
O curso
constará de 45 horas, das cales quince son presenciais e trinta de teleformación. O horario
presencial irá dende o luns día 4 ata o xoves 8 de xuño de 20:00 a 23:00 horas, coa
fin de que os interesados poidan compatibilizalo co seu horario laboral.
Máis información
Os
interesados e interesadas poden dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvento
Local, situada no primeiro andar da casa do Concello, chamar ó 981680002 ou ó
981680157, ou se o prefiren poden consultar na web municipal www.concellodeordes.com.
*