Eles son os premiados polo noso concello xunto a outros tantos de Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo
Oroso será a sede este
ano da V Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, que premiará aos 35
deportistas e entidades deportivas máis destacados no ano 2011 dos concellos de
Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Uns premios que serán
entregados o mércores 16 de maio, ás 20:00 horas, no transcurso dunha gran gala
que terá lugar no pavillón polideportivo de Sigüeiro e que estará presidida por
Manuel Regos Boquete, presidente da Mancomunidade de Ordes, e Manuel Mirás Franqueira,
alcalde de Oroso.
Premiados
Os premiados polo Concello de Ordes nesta quinta gala son:
1º PREMIO: Club SEO (carreiras de orientación e raids de
aventura). Son campións da Liga Galega de Raids de Aventura e de
Orientación (en categoría H-35). En 2011 tamén foron campións en Aventura
no II porteAventura Raid e no II PontevedRAID, así como segundos en
Aventura no I Raid de Xermade e en Elite e Aventura (Liga Galega) no
Somozas Extreme.
2º PREMIO: AC Ordes Senior (hockey sobre patíns). Durante a
pasada tempada conseguíu invicto o ascenso á Primeira División Nacional,
antesala da OK Liga. A pesar das dificultades económicas, ten garantizado
a súa permanencia.
3º PREMIO: Asociación Deportiva de Ordes
(fútbol sala, tenis, tute, dardos),
polas actividades que leva organizado ao longo dos seus tres anos de vida
e polas que pasaron máis de 600 persoas.
CATEGORÍA PROMESA: SD Órdenes categoría
Biberóns (fútbol
base), nacida nesta tempada 2011-2012 co obxectivo de crear
canteira, achegar e crear afección ao deporte do fútbol nos máis novos do
concello (4-5 anos)
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Juan Fuentes
Fernández (hockey e fútbol).
Foi campión galego e subcampión de
España Infantil de Hockey co Liceo.Empezou a práctica do fútbol no 1993 e
xogou ata o 2010 nos equipos: SD Club Ordes, SD Compostela e SD
Ponferradina. Foi seleccionado pola Selección Galega Absoluta de Fútbol.