Momento do Pleno extraordinario do Concello de Ordes celebrado esta mañá nos baixos da Alameda. |
UxO, PP, PSOE, BNG e CideGa están de acordo en manter o Partido Xudicial de Ordes
Instarán á Xunta de Galicia ao seu mantemento
Aprobado o crédito de pagamento do crédito a provedores
Ante as críticas verquidas tanto
polo BNG como polo PP, Silvia Marín pediulle aos voceiros de ambas formacións que “deixen de
facer demagoxia con este asunto xa que é o mesmo interventor municipal quen o
apoia a través dun informe favorable, respecto á petición de crédito a longo prazo
polo importe das obrigas pendentes”
"Investir en bens e servizos"
Marín tamén quiso lembrar “que foi a crise económica a que
trouxo un descenso nos ingresos das administracións locais” e que “si a cifra
lles parece moito é porque a diferencia doutros concellos o de Ordes incluiu
todas as facturas pendentes de pagos. Tamén hai que ter en conta que somos un concello que medra no número de habitantes, polo que nos vemos obrigados a
investir en bens e servizos para os veciños”. A tenente alcalde de Ordes criticou a actitude dos
populares e nacionalistas aos que acusou de querer “paralizar o Concello” e de
non contribuir para “que os proveedores de Ordes poidan cobrar” votando en
contra.
Os socialistas votaron a favor da operación porque “pensamos que é importante que eses proveedores cobren canto antes”. Sen embargo, votaron en contra da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para aumentar a dotación de solo industrial. Xesús Pedreira explicou que “nestes tempos de crise económica non podemos deixar unicamente na iniciativa privada a posta en marcha no novo polígono industrial, pois a iniciativa privada non será quen. É necesario que a iniciativa pública tamén esté presente, ben a través de SEPES, ben a través de Xestur”.
Pola súa banda, o BNG votou en contra dunha medida
Rei, que
disculpou a ausencia neste Pleno do portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo
Castro, por razóns de saúde, acusou ao alcalde de “intentar
Solo industrial
O
segundo punto abordado esta mañá foi a modificación puntual das normas para a
dotación a través do sistema de compensación de solo industrial asinando un
convenio cos veciños no polígono de Pardiñas. Máis do 50% dos propietarios
apostan por un convenio de compensación que permitiría a entrada de capital
privado nesta iniciativa, a pesar de que nun principio o Concello plantexou un
sistema directo de cooperación coa
entidade local.
“Temos que asinar un convenio onde todos estemos de acordo e
fixar uns prazos. É labor do Concello velar polo cumplimento dos consensos
acordados e de dito sistema”, asegurou Silvia Marín que tamén precisou que “de
non cumprirse teriamos que voltar ó sistema de cooperación e xestión directa”.
A iniciativa quedou aprobada cos sete votos
a favor de UXO, mentres que PSOE BNG e CideGa votaron en contra (tres votos) e a
abstención dos populares (seis votos). Tanto PSOE como CideGa e BNG puxeron de
manifesto o seu temor a que a entrada de capital privado se traduza nunha
especulación coas parcelas. Pola súa banda o PP asegurou non querer
pronunciarse ata que manteña contactos cos propietarios dos terreos e que eles
mesmos lles informen sobre o seu punto de vista.
Neste
punto Silvia Marín recriminoulle á nacionalista Montserrat Rei as declaracións
publicadas nestes días nas que se asegura que o alcalde de Ordes “renuncia ó
impulso do polígono industrial de Pardiñas”. Marín demandoulle responsabilidade
ós nacionalistas á hora de manifestar na prensa o seu ideario “algo que todos
podemos facer pero sin mentir”, e mostrou a súa sorpresa ante ditas afirmacións
xa que “iso nunca se falou nas comisións que mantivemos, polo que eu xa non sei
se é que non asistimos ás mesmas xuntanzas ou é que non nos cinguimos ós puntos
presentados en tales encontros. “En todo momento a nosa actitude é a de sacar
adiante este proxecto atendendo ós intereses e preferencias dos veciños implicados
nel”, puntualizou Silvia Marín.
O BNG votou en contra da privatización da xestión
do hipotético polígono empresarial de Pardiñas. Montserrat Rei, afirmou que “o BNG propuxo na
comisión de urbanismo que se asegurase a participación pública na promoción do
polígono, para garantir o acceso ás parcelas con prezos asequíbeis e evitando a
especulación, mais o alcalde negouse a contemplar esta iniciativa do BNG”. Rei afirmou que “o alcalde estivo enganando aos
veciños de Ordes coa falsa promesa electoral dun novo Polígono, e agora pretende
escurrir o bulto pasándolle a pelota aos propietarios dos terreos”.
Partido Xudicial
Finalmente, o Pleno municipal de Ordes aprobou por unanimidade esixir o mantemento do Partido Xudicial de Ordes, tal e como solicitara a semana pasada a Agrupación Socialista de Ordes. Todos os concelleiros apoiaron un texto común elaborado polo secretario Municipal do Concello de Ordes.
O voceiro municipal do PSdeG-PSOE, Xesús Pedreira, agradeceu o apoio de todas as forzas políticas “diante unha decisión que perxudica a Ordes e aos seus veciños, tanto dende o punto de vista económico como xudicial”. Pedreira Mirás amosou o seu especial agradecemento ao grupo do BNG e anunciou que “votarei a favor da proposta do BNG de que se quiten as taxas xudiciais porque estou totalmente de acordo, pero esta demanda non tiña sentido que se incluíse na moción aprobada hoxe”.
Montserrat Rei, concelleira do BNG de Ordes, manifestou que “agradecemos que o
Pleno aceptase a inclusión dos puntos propostos polo BNG na súa emenda, que
vímonos obrigados a presentar para modificar a proposta de acordo que foi
incluida coa convocatoria do Pleno, porque na mesma non se instaba a ningunha
Administración competente a defender o mantemento do partido xudicial de
Ordes”.
Así, a proposta aprobada polo pleno ordense require ao Consello Xeral do Poder Xudicial que manteña Ordes como partido xudicial e insta ao Ministerio de Xustiza a que, no caso de que se produza a tramitación dun proxecto de lei que modifique a Lei 38/19988 de 28 de decembro, e manteña nesa reforma o actual partido xudicial de Ordes.
Defensa da Xunta
Ademais, demándase da Xunta de Galicia que defenda expresamente o mantemento do partido xudicial de Ordes e os xulgados número 1 e 2 actualmente existentes no municipio. Ademais, o Concello de Ordes remitirá este acordo aos municipios que integran o partido xudicial de Ordes para solicitarlles o apoio ao mantemento de Ordes como partido xudicial. O partido xudicial de Ordes están composto polos concellos de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra, o que supón unha superficie de 752,94 km2 e 37.604 habitantes.
O escrito aprobado esta mañá explica que a eliminación do partido xudicial ordense “tómase dende os despachos de Madrid sen ter en conta, como vén sendo habitual, as características peculiares dos territorios onde se implantará a reforma, cal é o noso caso de Galicia, cunhas características moi peculiares (dispersión da poboación, envellecemento da mesma, comunicacións, etc). Por outra banda, e aínda que nun principio négase que se vaian a pechar xulgados, é de temer que coa nova Planta Xudicial isto se leve a cabo sen remisión”.
A moción aprobada hoxe lembra que Ordes conta con dous xulgados nunha sede xudicial moderna e funcional que supuxo un importante investimento por parte do Concello e a Comunidade Autónoma. A eliminación dos xulgados en Ordes supoería para a cidadanía do Concello un grave perxuizo, ao teren que desprazárense ata Santiago.
*