Serán 18 horas de formación sobre seguridade, condución e mantemento no Mesón do Vento
O Concello de
Ordes convoca un curso de carretilleiro para persoas
desempregadas e traballadores. En total serán 18 horas de clases teóricas e
prácticas que se impartirán nunha nave
situada en Mesón do Vento.
Normas de
seguridade, conducir carretillas elevadoras con precisión, realizar operacións
de mantemento e reparacións ou conducir dacordo coas normas de seguridade
e prevención de riscos laborais son algúns dos obxetivos principais deste plan
de formación. O curso ten varias horas a distancia nas que os alumnos poderán
contactar co tutor para resolver as dúbidas que poidan surxir en relación co
manual que se lles proporcione.
Inscricións
Os interesados en inscribirse poden facelo
na Axencia de emprego e desenvolvemento local situada no primeiro andar da Casa
do Concello. Tamén se poderá obter máis información chamando ó teléfono 981 681 483 ou a través da páxina web do
Concello, www.concellodeordes.com.
*