Haberá un premio especial para os dez mellores traballos
Co gallo do Día Mundial da Reciclaxe que se
celebrará o vindeiro xoves, o Concello de Ordes convoca o I Concurso de
Creación de Xoguetes a partir de lixo para rapaces e rapazas con idades comprendidas entre
os 3 e 12 anos. Os interesados
deberán construir un xoguete a partir de materiais de refugallo como bricks,
latas, cartóns, latas, etc.
A data
límite para facer entrega dos traballos será o 1 de xuño no departamento de
Medio Ambiente, situado no primeiro andar do edificio consistorial. Os trinta primeiros xoguetes recibidos obterán un agasallo sorpresa, mentres que os dez mellores obterán un premio especial.
A entrega de todos estes obsequios
realizarase o 5 de xuño coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
*