O día de maior afluencia foi onte domingo coa XXIII Festa do Champiñón
Máis de 33.000 persoas participaron
ao longo desta fin de semana en Expo Ordes 2012 según estimacións da Policía
Local.
O día de maior afluencia rexistrouse onte domingo coincidindo coa XXIII Festa do Champiñón. Tal e como marca a tradición os establecementos hosteleiros da zona
repartiron de balde arredor de 6.000 quilos deste producto elaborado de moi
diversas formas.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É unha satisfación saber do éxito rexistrado un ano máis en Expo Ordes, tanto pola xente
que está a visitar os postos feriais como polas empresas e negocios que confían en nós
para darse a coñecer e facer negocio. Todo isto confirma o asentamento que ten
Expo Ordes entre todo e sector empresarial, incluso máis aló de Ordes e da nosa
comarca”
*