O prazo de inscrición remata o mércores 30 de maio
O concello de Ordes acollerá o
vindeiro domingo 3 de xuño a XVII Carreira Popular, onde corredores e atletas
de todas as idades poderán competir polo primeiro posto nunha das competicións
máis concurridas da provincia.
A distancia dos circuitos variará según a categoría, indo dende os 500 metros dos
competidores baby e prebenxamín, os 1.000 metros das
categorías benxamín e alevín, os 3.000 metros das categorías infantil e cadete,
e os 9.500 metros
das categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns. Haberá trofeos para
os tres primeiros clasificados de cada unha delas, así como para os tres primeiros
homes e mulleres das probas xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns. Tamén
se outorgará un trofeo ós tres primeiros clasificados do municipio na proba
absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veterán), ó participante máis
xoven e ó máis veterán.
Premios en metálico
No referente ós premios en metálico no
caso dos individuais serán de 150, 80 e 50 euros para homes e mulleres que
disputen a carreira absoluta. Por equipos os cheques asecenderán a 150, 100 e
50 euros para os tres primeiros clasificados da mesma proba. Unhas cuantías que
se repitirán no caso dos equipos procedentes
do mesmo municipio. Para puntuar nesta clasificación é necesario
realizar a inscrición como clube, é decir, inscribindo ós corredores
individualmente na páxina www.championchipnorte.com e remitindo un correo electrónico a inscricionsFGAsantiago@gmail.com
cos datos do clube e dos seus compoñentes).
Este
ano haberá un premio especial de 150 euros para o centro académico de
Ordes que presente o maior número de corredores. Para elo deberán formalizar a
inscrición remitindo un correo electrónico a inscricionsFGAsantiago@gmail.com,
no cal se reflexe o nome do centro educativo e os datos dos seus atletas.
No caso das carreiras absolutas as
inscricións deben facerse a través da páxina www.championchipnorte.com, mentres que nas probas escolares (categorías baby e cadete)
faranse a través do correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com.
Deberán facer constar o nome e apelidos, data de nacemento, localidade de
procedencia, clube e número de licencia federeativa ou seguro escolar se se
posúe
O prazo de inscrición rematará o mércores
30 de maio ás 22:00 horas. Para máis información poden chamar ós teléfonos 981 680
002 ou 981 680 157. Tamén poden visitar as seguintes páxinas web: www.concellodeordes.com, www.atletismogalego.org,
www.fgatletismo.es/santiago e www.championchipnorte.com.
Nas probas poderán participar todos os que así o desexen indistintamente de que estén federados ou
non. O control técnico das probas correrá a cargo do Comité de Xuices da
Federación Galega de Atletismo. Para levar a cabo esta XVII edición da
Carreira Popular o Concello de Ordes conta coa colaboración das seguintes
firmas comerciais: La Caixa ,
Gadis, Nutrexpa, Carnicaría Enrique, Estrella Galicia, Coca Cola, Feiraco,
Sportec, Deportes Capitán, Seguros Reale e Asesoría e Seguros Jaime Castro.
*