O pleno municipal do mes de maio celebrouse coa ausencia do alcalde, Manuel Regos. |
O pleno municipal aproba a moción nacionalista de limitar o tráfico pesado pese ás abstencións de UxO e PP
Os socialistas ven aprobado o seu plan estratéxico de reactivación do sector textil
*O pleno municipal da corporación municipal do Concello de Ordes correspondente ao mes de maio de 2012 está disponible en Radio Ordes a través deste enlace.
O pleno ordinario do mes de maio do Concello de Ordes iniciose na tarde do pasado xoves 31 coa moción do PSOE na que se solicitaba a elaboración dun plan estratéxico por parte da Xunta de Galicia para a reactivación do sector textil na comarca. Os socialistas lembraron que dende 2008 lévanse perdido arredor de 500 postos de traballo entre autonómos e asalariados.
O pleno ordinario do mes de maio do Concello de Ordes iniciose na tarde do pasado xoves 31 coa moción do PSOE na que se solicitaba a elaboración dun plan estratéxico por parte da Xunta de Galicia para a reactivación do sector textil na comarca. Os socialistas lembraron que dende 2008 lévanse perdido arredor de 500 postos de traballo entre autonómos e asalariados.
Na mesma moción tamén se demandaba a
creación dun centro tecnolóxico avalado polo Igape con parte do presuposto non
executado no último ano, que ascende a 113 millóns de euros. Según Xesús Pedreira “a infraestructura existente en
Ordes faría posible recuperar a producción xa que podemos ofrecer maior rapidez
e unha maior especialización que os que se ofrecen noutros puntos de Asia ou
Marrocos”. Outra das demandas
que se reflexan no texto é que a Xunta de Galicia facilite a presenza de empresas galegas
nos concursos de provisión do Sergas ou demais consellerías.
Pedreira tamén criticou o plan estratéxico posto en marcha pola Xunta
para o sector no ano 2010 “xa que non é eficiente dada a cantidade de empregos
que se perderon”. Este aspecto foi rebatido polos concelleiros do PP quenes
aseguraron que de saír adiante a iniciativa sería incurrir nun gasto
innecesario para a Administración Pública.
Pola súa banda, o equipo de Goberno apoiou dita moción argumentando que
se trata dun investimento nun sector estratéxico para Ordes. Unha idea
compartida por BNG e CideGa. Ó final a moción foi aprobada cos votos a favor
de todas as formacións políticas, agás cos do PP que se abstiveron.
Beirarrúas e aparcamentos
A segunda das mocións
presentadas polos socialistas facía referencia á recuperación de beirarrúas e
zonas de aparcamento en certos tramos da avenida Alfonso Senra. Unha solicitude
que foi apoiada unánimemente e que deberá ser aprobada por Demarcación de
Carreteras e o Ministerio de Fomento. Pedreira asegurou que o proxecto é máis
que factible grazas á disminución do tráfico pesado que traerá a apertura da
recentemente inaugurada rolda leste. Dende as filas socialistas tamén se
asegura que Fomento xa ten un proxecto que contempla ditas demandas e que avala
as súas espectativas.
Nesta
ocasión os nacionalistas non viron prosperar a moción pola que se solicitaba
que a Igrexa abonase o IBI polas súas propiedades. Según o seu voceiro, Gonzalo
Castro, esto suporía preto de 30.000 euros anuais nas arcas municipais. Os
votos a favor de BNG, PSOE e CideGa non foron suficientes ante a negativa de PP
e UXO quenes se opouxeron a súa urxencia polo que nin sequera se chegou a
debatir. Este feito motivou as críticas do portavoz nacionalista que afirmou que “a dereita ordense está a favor dun sistema fiscal totalmente inxusto, que mantén privilexios anacrónicos como a exención do pago do IBI ás confesións relixiosas, mentres se sube ese mesmo imposto aos veciños e veciñas de Ordes nun 23%”.
Ensino público
A
que sí viron aprobada foi a súa moción en defensa do ensino público. Según explicou Gonzalo Castro a aprobación
do RD Ley 14/2012 do 20 de abril suporá entre outros aspectos o aumento da
ratio nas aulas, a desaparición das dúas modalidades de bacharelato, a non
suplencia de baixas entre os docentes, o aumento do horario laboral entre os
mestres e profesores e un empeoramento das condicións e dos ciclos de FP.
Un
texto que se viu complementado coa emenda presentada polo PSOE na que se
solicita a eliminación transitoria dos complementos retributivos variables,
ademais do aprazamento da actualización dos ciclos formativos de FP ó curso
2014-15. Pedreira asegurou que as medidas do RD 14/2012 suporán un “deterioro
agudizado da ensinanza e da docencia” e que “non afrontan os verdadeiros
problemas do sistema educativo”. O PSOE tamén solicitou a presentación ante o
presidente do Goberno de España e da Xunta de Galicia dun recurso de invasión de
competencias con respecto ó Goberno autonómico. Algo tamén compartido polos
representantes do BNG.
A tenente alcalde, Silvia Marín, apostou tamén pola flexibilidade do ensino según
as características e idiosincrasia das Comunidades Autónomas. Marín tamén
destacou a importancia de “apoiar o ensino público e investir na súa calidade
máis que nos centros concertados”. Pola contra o PP negou todos os puntos
criticados e destacou a política de diálogo cos representantes de cada
Comunidade Autónoma. Para xustificar a súa postura aportou cifras referente ó
abandono escolar, situándoo nun 23% na época do bipartito e nun 20,8% dende que
chegaron ó poder. Ó final todas as formacións, agás o PP, votaron a favor desta
medida.
Vehículos pesados
O Pleno tamén aprobou a moción do BNG na que se propoñía instar ao Ministerio de Fomento a limitar o tráfico dos vehículos pesados, que circulen en dirección A Coruña ou Santiago, no tramo da N-550 que discurre polo centro da vila de Ordes, ao existir xa a alternativa da recentemente inaugurada ronda leste. Tanto PSOE como CideGa apoiaron a iniciativa mentres que PP e UXO se abstiveron.
O Goberno xustificou a súa postura
argumentando que non teñen potestade legal para facer tal prohibición, aínda
que xa se mantiveron varias xuntanzas co Ministerio de Fomento para tratar este
punto. O acordo alcanzado pasa por mellorar a sinalización que indique o desvío
de acra ó novo vial, ademáis de emprender unha campaña informativa co reparto
de octavillas entre os camioneiros e transportistas.
Rotonda da Gorita
No caso
do Partido Popular presentouse unha moción en relación á rotonda da Gorita en
dirección á parroquia de Buscás. Según os populares a construcción dun
muro perimetral nas súas inmediacións reduce a visibilidade e a seguridade. Os
populares demandaban a regularización da titularidade da parcela e da súa
permuta dados os problemas acontecidos co propietario, así como o derrubamento
de dito muro e a correción de erros toponímicos que presentan as sinalizacións.
A este respecto Silvia Marín explicou que o non alcanzar un acordo de permuta
co propietario dende o Concello xa se ten iniciado un expediente de
expropiación forzosa.
A decisión final pasa por instarlle ó
alcalde a que acade unha solución o antes posible con respecto a este tema, e
que expropie o antes posible xa que se ten iniciado o procedemento. Os votos a favor viñeron da man de BNG, PP
e CIDEGA, mentres que o PSOE se abstivo e UXO votou en contra.
Rogos e preguntas
No
apartado de rogos e preguntas destacou o interés do BNG por mellorar a
ilumninación e sinalización do paseo Iván Raña, un aspecto que o Concello xa
abordou co Ministerio de Fomento e que en breve estará solventado. Ramón
Vázquez, edil de Cultura, tamén explicou que os abonos a entidades e
organizacións culturais e deportivas xa se está levando a cabo e que en breve
se darán a coñecer as bases de axudas, xa que actualmente se están realizando
unha serie de variacións con respecto ás do ano pasado.
En referencia á
situación do PXOM, o Concello xa lle ten remitida a documentación adicional
solicitada pola Xunta, polo que están en situación de espera para que sexa
aprobado. Seguindo coas obras o edil
de urbanismo, Roberto González, explicou que as obras que actualmente se están
cometendo na piscina municipal ubicada no Campo da Feira están sendo executadas
pola Xunta e están incluidas nos orzamentos do ano pasado. Éstas consisten
nunha mellora da canalización do río Mercurín que transcurre por baixo de ditas
instalacións.
No caso
do PSOE a primeira das súas cuestións versou sobre a instalación da zona azul
na rúa do Recreo, que se instalará unha vez rematen definitivamente as obras. A
día de hoxe o Concello aínda está pendente de que remate o recubrimento do
alcantarillado. Por parte do Goberno aceptouse tomar en consideración este rogo
para iniciar o procedendo da ordenanza municipal de ocupación de beirarrúas. Un
tema que, según Xesús Pedreira, está a provocar moitas protestas veciñais sobre
todo na Rúa Muíño.
No caso
dos populares explicóuselles que dende Demarcacións de Carreteras levarase a
cabo a mellora da rotonda que enlaza a N 550 coa estrada de Cerceda. No caso
das deficiencias que presenta a rúa Campeiras, Marín explicou que o periodo de
garantía está sen concluir e que o Concello non devolverá o aval ata que estén
subsanadas. En referencia ós programas e axudas do Plan Míner todavía
non se ten información de ningún tipo a pesar da insistencia e interés amosado
polo Concello.
Os populares tamén preguntaron polo local da xuventude. Para
tratar o tema mantiveronse encontros con nais e pais de moitos mozas e mozos
que se comprometeron a tantear a través das redes sociais o posible número de
usuarios, estando o Concello pendente aínda de que se lles informe ó respecto.
O partido Popular tamén puso de manifesto o seu descontento con Radio Ordes,
medio que acusou de ser parcial e ofrecer información única e exclusivamente do
Goberno Local. Por último tamén se
aclarou que a pesar de non ter aínda unha data concreta este ano, tal como é
habitual, tamén se celebrará a Festa da 3º Idade.
*