O alcalde Manuel Regos posa co homenaxeado, Manuel Fernández Barreiro. |
Brigada de obras, retírase logo de trinta e dous anos de servizo
Traballadores e membros do equipo do Goberno municipal do Concello de Ordes celebraron cunha comida a xubilación dun dos seus
traballadores máis veteráns. Manuel Fernández Barreiro puxo punto e final a súa
traxectoria laboral tras máis de trinta e dos anos de traballo na brigada de obras.
O alcalde, Manuel
Regos, tivo unhas palabras de agradecemento e recoñecemento “por tantos anos de
esforzo e traballo”. Tamén foi o encargado de entregarlle varios agasallos,
unha placa co escudo do Concello e un reloxo, tanto por parte tanto do Concello
como dos seus traballadores.
*