Terán lugar ao longo do mes de maio
Inscricións na Casa do Concello
O Departamento de Cultura e Deporte do Concello de
Ordes informou hoxe que está aberto o prazo de
inscrición para os novos cursos de informática que terán lugar ao longo do mes de maio.
Os interesados simplemente
deben facilitar os seus datos na Casa do Concello, así como especificar o nivel
do que queren adquirir novos coñecementos.
Ao remate do curso, os alumnos e alumnas participantes
recibirán un título acreditativo.
*