martes, 2 de abril de 2013

Álvaro Regueiro e Aarón Barreiro, medallistas no campionato galego de taekwondo


Catro loitadores do club Luar participarán na preselección para representar a Galicia no campionato de España 

Os taekwondistas ordenses Álvaro Regueiro e Aarón Barreiro, do club Luar, veñen de acadar sendas medallas de prata e bronce no campionato galego de taekwondo celebrado o pasado 23 de marzo na Coruña. 

Campionato de España
En total foron catro os deportistas que representaron ao club ordés nesta competición, os cales participarán en próximas datas en dúas preseleccións que se disputarán en Pontevedra para representar a Galicia no campionato de España.

*