Xesús Pedreira: ""Alegrámonos de que finalmente o Ministerio de Fomento utilizase o informe deixado polo anterior Goberno socialista"
O secretario xeral da Agrupación Socialista de
Ordes, Xesús Pedreira, celebrou onte que o Ministerio de Fomento retomase o proxecto
do PSOE para reordenar o tráfico en Santa Cruz de Montaos.
A opción presentada polos socialistas ordenses,
froito do estudo das demandas presentadas polos veciños e veciñas da zona,
incluía a eliminación de parte do carril de aceleración na entrada á parroquia de Santa Cruz de Montaos para poder así habilitar unha zona para o desvío dos
vehículos que circulan pola N-550 (sentido A Coruña) cara Fosado.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“Como dixemos en reiteradas ocasións, e tal e como lles presentamos aos propios veciños de Montaos, xa existía un proxecto en Conservación de Carreteras para mellorar a seguridade nos accesos a Fosado e Queis cun simple repintado da zona que habilitase os desvíos solicitados polos veciños"
"Alegrámonos de que finalmente o Ministerio de Fomento utilizase o informe deixado polo anterior Goberno socialista e solvente os problemas de tráfico na zona”
*