domingo, 7 de abril de 2013

A Mancomunidade de Ordes demanda a reparación da N 550 o seu paso por Ordes, Sigüeiro e Santiago

Aprobadas outras dúas mocións relativas ao incremento das tasas de comedores escolares e aos afectados polas preferentes bancarias

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou esta semana instar ao Ministerio de Fomento a mellora inmediata e reparación da estrada N 550 no traxecto que transcorre polos concellos de Ordes, Oroso e Santiago de Compostela

Unha mellora que require nunha nova capa de aglomerado asfáltico, una nova sinalización e o acondicionamiento dos camiños de servicio, xa que se trata dun vial que leva máis de vinte anos  coa mesma capa de rodadura. 

Comedores escolares
A Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes tamén lle solicitará á Xunta de Galicia o replantexamento do incremento nas taxas polo uso dos comedores escolares. Os concellos integrantes advirten que “son as políticas que garanten a gratuidade dos servizos públicos destinados aos fillos as que poden contribuir a afrontar o reto demográfico que presenta Galicia neste momento”. 

Como alternativas ás tasas como fonte de ingresos “apóstase polos impostos, ou do contrario poranse aínda máis trabas a aqueles que están en idade de ter fillos para tomar a decisión de telos”, aseguran .

Preferentes e subordinadas
Neste pleno ordinario de abril tamén se acordou amosar a solidariedade e apoio aos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas, e evitar o peche das oficinas nos concellos da Mancomunidade. Cada un dos dirixentes locais solicita mediante esta moción a esixencia de que todos eles recuperen o antes posible os aforros dos que son lexítimos propietarios. 

Por elo ínstaselle á Xunta de Galicia e á Federación Galega de Municipios (FEGAMP) para que se dirixan ante os organismo e autoridades políticas e monetarias competentes para que se adopten solucións efectivas

Tamén se demanda o mantemento, reforzamento e axilización do sistema de arbitraxe de xeito xenérico, así como unha contestación afirmativa a todos os solicitantes considerados aforradores. Á par solicítaselle á entidade Novagalicia Banco que maximice e axilice as aceptacións de arbitraxe.

*