O Departamento
de Servizos Sociais do Concello de Ordes pon en coñecemento de veciños e
veciñas a posibilidade de formar parte do Programa de respiro familiar para
coidadores de persoas en situación de dependencia da Xunta de Galicia.
Os interesados poden optar a estadías
quincenais ou de fin de semana por distintas residencias ubicadas en Galicia,
por pouco máis de 790 e 120 euros respectivamente.
Unha
iniciativa lúdica na que poderán participar persoas maiores de 16 anos con
recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) así como aquelas
que precisen da atención dun coidador.
Solicitude de prazas
Para
solicitar praza ou obter máis información basta con achegarse a oficina de
Servizos Sociais do Concello de Ordes, ubicada nos baixos da Alameda.
É preciso
solicitar a praza como mínimo cun mes de antelación da data de partida prevista,
tendo en conta que o máximo a poder
desfrutar por ano é de 45 días.
*