Gonzalo Castro e Montse Rey, esta mañá ante o rexistro municipal de Ordes. |
Os concelleiros do BNG de Ordes, Gonzalo Castro e Montse Rey presentaron esta mañá ante o rexisto do Concello de Ordes a renuncia a súa acta de membros da Corporación municipal de Ordes. Unha decisión motivada en "razóns de tipo persoal", nas que a falta de disponibilidade de ambos "imposibilitaría asumir con toda responsabilidade o compromiso adoitado cos veciños e veciñas de Ordes", tal e como expresou o xa ex portavoz municipal, Gonzalo Castro.
Os relevos no grupo municipal nacionalista serán Ramiro Recouso e Pablo Vidal, presentes na rolda de prensa, quenes alabaron a labor de Castro e Rey "liderando a oposición ao Goberno de Ordes", segundo palabras de Recouso.
Podes ver o vídeo da presentación do escrito de renuncia baixo estas liñas.
Candidato á alcaldía polo BNG
Finalmente, Gonzalo Castro tamén expresou a "necesidade" de que sexa o propio BNG de Ordes quen propoña un candidato á alcaldía do municipio en 2015, explicando que "non sería coherente renunciar agora como concelleiro do BNG para voltar nun par de anos como candidato do BNG".
De esq. a der. Pablo Vidal, Ramiro Recouso, Gonzalo Castro e Montse Rey nos baixos da Alameda. |
"É importante que o BNG poida presentar un candidato ou candidata á alcaldía de Ordes en 2015 sen ningún tipo de limitacións"
"Dende fora do Concello de Ordes seguirei traballando para que a democracia sexa algo máis que ir votar cada catro anos"
"O meu estado de ánimo actual é de esperanza e ilusión polo futuro"
*