Hoxe darán unha charla no IES Maruxa Mallo
Preto dun
centenar de mozos e de mozas participaron os días no programa de prevención de
Violencia de Xénero que a Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Sindicato
Unificado de Policía, está a desenvolver polos centros educativos da comarca.
Os últimos encontros tiveron lugar no CEIP O
Cruce, en Cerceda; no CPI Pecalama, en Tordoia e no CPI de Xanceda, en Mesía.
As próximas citas serán hoxe luns 15 de abril no IES Maruxa Mallo (Ordes), o
martes 16 no IES de Oroso e un día despois no IES de Pontecarreiran (Frades).
*