viernes, 19 de abril de 2013

A Xunta mellorará o firme da AC-524 Ordes-Lanzá

O conselleiro Agustín Hernández, no medio, entre os alcaldes da comarca de Ordes.

Así o confirmou hoxe o conselleiro Agustín Hernández aos alcaldes de Ordes, Frades e Mesía

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas actuará de inmediato na mellora do firme da estrada AC-524 Ordes-Lanzá. Así llelo confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, aos alcaldes de Frades, Roberto Rey; Mesía, Mariano Iglesias; e Ordes, Manuel Regos; nun encontro celebrado en San Caetano a petición do deputado autonómico e concelleiro de Relacións Institucionais de Frades, Miguel Prado.

Mellora do firme
Agustín Hernández confirmou aos tres alcaldes que o arranxo dos 19,8 quilómetros da AC-524 está incluído nun proxecto de mellora do firme de tres estradas de titularidade autonómica. Un proxecto orzamentado en 575.000 euros e que inclúe a AC-524 Ordes-Lanzá, a AC-523 Culleredo-Meirama e a AC-552 A Coruña-Cee. 

Así mesmo, o conselleiro explicou que a previsión coa que se traballa na Axencia Galega de Infraestruturas é a de licitar as obras antes do verán, para adxudicar e iniciar a obra no período estival. O Goberno galego asumirá o 100% desa actuación.

*