lunes, 15 de abril de 2013

O PSOE pedirá ao Concello que modifique a altura dalgunhas sinais de tráfico na vila de Ordes

Sinal de tráfico na rúa do Recreo.

Xesús Pedreira: "Recibimos numerosas queixas de veciños que se golpearon contra estes sinais”

O PSOE de Ordes pedirá ao Concello que modifique a altura dalgunhas sinais de tráfico da vila de Ordes para evitar accidentes entre os peóns

Trátase de sinais situadas en semáforos ou sobre os farois de alumeado público que están situados a unha altura inadecuada, o que provoca que moitos veciños choquen contra elas cando camiñan polas beirarrúas da vila de Ordes.

O concelleiro socialista Xesús Pedreira explica que “no partido recibimos numerosas queixas de veciños que se golpearon contra estes sinais, sobre todo na rúa Galicia e na intersección da avenida de Alfonso Senra coas rúas dos Lagartos e do Recreo”. 

Pedreira explica que en todos os casos se trata de “sinais situadas a baixa altura sobre a beirarrúa, ben colocadas nun semáforo ben colocadas no alumeado público, o que provoca golpes case todos os días”.

Para evitar esta situación, o PSOE de Ordes solicitará no próximo pleno municipal que o Concello de Ordes tome as medidas oportunas para proceder a cambiar todas estas sinais e recolocalas a unha altura superior na que non sexan un risco para os peóns.

*