sábado, 20 de abril de 2013

Na despedida de Zalo Castro, o político-humano



Gonzalo Castro Prado.
Na despedida de Zalo Castro, o político-humano
Por R. A. Landeira

Coñecín a Zalo Castro no histórico pub Desórdenes nalgunha daquelas interminables noites da movida de Ordes durante a segunda mitade dos anos 90. Eu non era máis ca un anónimo e anodino estudante de Dereito, pero con despelladas e herdadas inquietudes literarias e xornalísticas. 

Zalo, algo maior ca mín -supoño que xa tiña rematada a carreira- sentíase orgulloso do seu apaixoado interese pola forma na que os grupos sociais se organizan, é dicir, a política.

Pasaron os años e nos reencontramos de novo en torno ao ano 2005 por medio de Susana García no bar do Vasco. Pouco despois tocou reorganizar as nosas paixóns un fronte ao outro: el xa como político, eu xa como xornalista. E foi a partires de aí cando coñecín ao auténtico Zalo Castro. 

Ese político-humano tolerante, conversador á vez que dialogante, educado e cariñoso, moi autocrítico tamén –se algo sae mal, sempre é o primeiro en sentirse responsable−, terriblemente culto e cun sentido da xustiza moi amplio. Un namorado de Galicia, de Ordes e das súas xentes, á vez que aberto ao mundo, contemporáneo, práctico e realista. Disposto a eprender e escoitar, sempre na procura de comentarios e críticas ás súas opinións. Supoño que no fondo, Zalo no é máis ca un demócrata en toda a extensión do seu significado. 

Resulta contradictorio pensar como o BNG non puido ter en conta a un político como Zalo Castro para promover maiores metas. Un político cun enorme potencial de liderazgo, estudoso, cun compromiso alterable cos veciños e unha lealtade inquebrantable para cos seus valores. Sen dúbida, Gonzalo Castro é un dos mellores políticos da Galicia contemporánea.

A Zalo se lle abre agora un tempo maravilloso para si mesmo, para a súa compañeira, para a súa familia e para os libros. Penso que a historia moderna de Ordes aínda ten reservada no seu futuro máis dunha páxina para este político-humano capaz de ensinar á vez que aprender, de falar á vez que escoitar, e tamén de marchar cando non pode dar o mellor de si mesmo.  

*