miércoles, 3 de abril de 2013

Homes e mulleres de Ordes, a cociñar!

Os participantes no curso de iniciación á cociña posan coas súas delicias culinarias recén elaboradas.
Rematou o curso de iniciación á cociña organizado polo Concello de Ordes

Aprenderon a cociñar pratos coma o arroz mariñeiro, guiso de carne, lasaña de verduras, croquetas caseiras e brazo de xitano

Esta semana o Concello de Ordes rematou o curso de iniciación á cociña tras varios meses de clases teóricas e prácticas. Unha actividade na que participaron unha ducia de veciños e veciñas que aprenderon a elaborar, entre outros pratos, flan de café, arroz mariñeiro, brazo de xitano, guiso de carne, lasaña de verduras, bica, mexilóns en vinagreta, croquetas caseiras ou lubina ao forno. 

Curso de perfeccionamiento
Os alumnos e alumnas aprenderon tamén diferentes técnicas de cociñado e un sinfín de consellos para conservar ou resaltar o sabor e apariencia dos alimentos. 

Durante os vindeiros dous meses o Concello de Ordes continuará co curso de perfeccionamento que imparte o cociñeiro Manuel Vieites, o cal ten lugar todos os venres á noite.

*