O CSKA de Moscú é un dos clubes de fútbol máis importantes de Europa. |
A empresa de comunicación compostelana, editora deste blogue Ordessiete, xestionará os patrocinios ibéricos do clube ruso, gañador da UEFA en 2005
Logo de organizar o foro Ibero-Ruso en
Madrid e outros encontros internacionais en Bruselas e Venecia, a empresa de
comunicación con base en Santiago de Compostela Mediasiete estreita as súas
relacións con Rusia convertíndose na representante comercial do clube de
fútbol CSKA de Moscú en exclusiva para España e Portugal.
Mediasiete, editora deste blogue Ordessiete, xestionará así os patrocinios ibéricos
do equipo con maior tradición na liga rusa e actualmente líder do seu
campionato.
O CSKA de Moscú logo de gañar a Liga Europea da UEFA en 2005. |
O CSKA de Moscú é unha das marcas de fútbol
máis populares de Europa e un dos equipos preferidos da gran afición rusa cun
importante palmarés de catorce trofeos na última década, incluíndo tres títulos
de liga, seis Copas rusas, catro Supercopas y unha Liga Europea da UEFA.
Internacionalización de Mediasiete
Internacionalización de Mediasiete
A xestión da representación ibérica dun dos clubes rusos máis internacionais supón un paso máis na estratexia de
internacionalización de Mediasiete, que actualmente traballa na apertura da súa primeira filial no mercado ruso en consorcio con outras empresas españolas.
*