Martínez Sanjurjo: "Nunca, nos últimos 25 anos, as pistas de Ordes presentaron un estado tan lamentable como o actual e o seu responsable ten nome e apelidos: Manuel Regos"
O Partido
Popular de Ordes informou onte que reclamará no vindeiro Pleno a elaboración e execución dun
programa de arranxo das diferentes pistas de titularidade municipal que
comunican entre sí as distintas aldeas e parroquias do Concello, "dadas as
numerosas deficiencias que presentan como consecuencia da falta de mantemento
que veñen padecendo desde hai anos".
Un programa que de orixe a un plan de
mantemento integral nos viais de índole local, mais aló das obras que se
acometan con fondos da Deputación a través dos POS.
O portavoz
municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, considera que o momento axeitado
para afrontar as reparacións das diferentes vías é o actual, unha vez rematado
o inverno que agravou o deterioro que presentan a maior parte dos viais.
Recordan os
populares de Ordes que aínda que o Concello argumenta con frecuencia que dispón
dun contrato para o mantemento das vías de titularidade municipal, tal plan “é
fume” e só sirve para pagar favores contraídos polo alcalde durante a campaña
electoral.
Inventario
de desperfectos
Para superar
a situación actual, o PP de Ordes propón que técnicos independentes revisen a
totalidade das vías públicas que son responsabilidade municipal, elaboren un
inventario de desperfectos e necesidades e se programe un plan de traballo, cun
horizonte temporal determinado e dotación económica específica incluída nos
orzamentos 2013 (aínda sen aprobar).
Só deste xeito, argumentan os populares
locais, se poderá facer fronte ás fochancas e gretas que presentan a práctica
totalidade das pistas deste Concello.
“Nunca, nos
últimos 25 anos, as pistas de Ordes presentaron un estado tan lamentable como o
actual e o seu responsable ten nome e apelidos: Manuel Regos, que preferiu
gastar os cartos dos veciños nun novo Concello en lugar de atender as necesidades
dos contribuíntes que lle pagan o soldo”
*