Os nenos e nenas, durante a súa visita á biblioteca municipal de Ordes, nos baixos da Alameda. |
Coñeceron a biblioteca municipal, a Cruz Vermella e a Policía local
Os nenos e nenas das escolas unitarias de Beán,
Visantoña, Buscás, Montaos e Olas visitaron esta mañá diversas instalacións do
Concello de Ordes. Coincidindo co día do libro, a primeira parada foi na
biblioteca municipal, onde realizaron a lectura dun manual elaborado por eles
mesmos sobre as tradicións máis coñecidas dos concellos de Ordes e Mesía.
Posteriormente
acudiron ás dependencias da Policía Local, onde recibiron unha leción de
educación vial. Por último foron
recibidos polos membros da Cruz Vermella, quenes lles explicaron os distintos
programas de apoio e actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano.
*