martes, 16 de abril de 2013

O IES Maruxa Mallo, contra a violencia de xénero



O instituto ordense albergou unha nova xornada do obradoiro promovido pola Mancomunidade de Ordes e o Sindicato Unificado de Policía

Onte luns, o IES Maruxa Mallo albergou unha nova xornada do obradoiro de prevención de violencia de xénero levada a cabo pola Mancomunidade de Ordes e o Sindicato Unificado de Policía. 

Alumnos investigadores
Grazas a este novidoso proxecto máis de 50 alumnos do 4º curso da ESO convertíronse en investigadores dun destes casos, cuxas características e variables corresponde con datos obtidos dun caso real.

*