lunes, 22 de abril de 2013

Últimas charlas sobre primeros auxilios e riscos no fogar

O encontro foi seguido por preto de duascentas persoas, que tamén se celebrou en Beán.


Organizado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes 

O local social da terceira idade e a residencia de maiores do Concello de Ordes acolleron durante esta fin de semana un encontro no que se ofreceu unha conferencia sobre primeiros auxilios e riscos no fogar. En sendas citas os asistentes tiveron a oportunidade de poñer en práctica as pautas previamente indicadas por un especialista na materia. 

Tamén foron moitos os que realizaron preguntas ao respecto ou compartiron experiencias reais. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes foi o encargado de organizar e poñer en marcha esta iniciativa, que anteriormente tamén se trasladara ata a parroquia de Beán

En total foron preto de duascentas persoas as que participaron, cuxo principal obxetivo foi divulgar coñecementos e consellos aplicables ao día a día nos ámbitos e espazos máis habituais.

*