Serán o 26, 27 e 28 de abril no Campo da feira de Ordes
Manuel Regos: "O ano pasado contabilizáronse máis de 33.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición"
O Concello de Ordes acollerá unha
nova edición da Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes e a
XXIV Festa de Champiñón. En total participarán máis de 120 empresas,
firmas comerciais, institucións e asociacións que contarán cunha zona de
exposición propia.
A cita desenvolverase no Campo da feira, onde se habilitarán preto
de 2.000 metros cadrados cubertos por
carpas.
Inauguración
O programa arrancará o venres 26 de abril coa inauguración do recinto
feiral a partir das 21:00 horas. A xornada estará especialmente adicada aos
empresarios e autónomos do municipio. As
portas volverán a abrirse ao público o sábado a partir das 10:00 horas nun día
onde se prestará especial atención á Mancomunidade de Municipios da Comarca de
Ordes e tamén á diversidade funcional.
Un elevado número de asociacións e
organizacións estarán presentes no recinto para amosarlle ó público todas as
actividades e traballos que levan a cabo en favor dos seus socios e usuarios.
Máis de
7.000 quilos de champiñóns
O domingo non só será a última
xornada da feira senón que tamén é o día
escollido levar a cabo a degustación gratuita de champiñóns polos
establecementos da zona. Máis de 7.000 quilos repartiranse entre bares e
restaurantes para que, unha vez preparados de distinto xeito, poidan ser
servidos gratuitamente con cada consumición.
Como en calquera festa que se prece a
música non pode faltar para acentuar o ambente festivo. Neste caso o grupo de gaitas
Os Viqueiras de Ordes e banda de Música de Ordes serán os responsables desta
labor.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“As cifras de Expo Ordes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira. O ano pasado contabilizáronse máis de 33.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición”
*