Onte repartíronse máis de sete mil quilos de champiñóns nos bares de Ordes
Un ano máis a feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expo Ordes superou as súas
expectativas e máis de 36.000 persoas se achegaron ata a carpa instalada no
Campo da feira durante os tres días de celebración.
Pero sen dúbida o
que marcou esta xornada foi o ambente festivo e a gran cita gastronómica da
XXIV Degustación do champiñón. En total foron máis de 7.000 kilos de champiñóns
os que se prepararon en máis de cen establecementos hosteleiros da vila.
Todo Ordes convertiuse nunha gran
celebración e festa que ningún quiso perderse e que durou ata ben entrada a
noite.
*