Os Viqueiras levan os instrumentos tradicionais galegos aos nenos e nenas ordenses
A biblioteca municipal de Ordes continúa co
programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que moitos nenos e
nenas dos colexios da zona manteñen un encontro ou toma de contacto con
persoerios e profesionais de distinta índole.
Tambor, gaita, pandeireta...
Nesta ocasión os convidados foron
o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Alí explicaron os instrumentos
tradicionais máis coñecidos como o tambor, a gaita a pandeireta ou o bombo, así
como as distintas partes que os compoñen.
*