Manuel Regos, no centro de verde, onte en Ordes xunto ao resto de alcaldes da Mancomunidade. |
Regos: "O mellor xeito de erradicar a lacra social da violencia de xénero é a prevención"
Presentarase nos institutos de ensino secundario dos concellos da Mancomunidade de Ordes
Esta mañá
presentouse oficialmente o programa de sensibilización sobre violencia de
xénero que ata o mes de maio se desenvolverá nos institutos de ensino secundario dos concellos da Mancomunidade de Ordes.
O acto foi presidido polo seu presidente e alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete, acompañado polos alcaldes de cada un
dos concellos que conforman o ente supramunicipal. Tamén estivo presente o responsable do programa e membro do Sindicato Unificado de Policía,
Alejandro Gómez Aragón.
O programa, desenvolvido pola Mancomunidade de Ordes a través do Centro de
Información á Muller, vai especialmente dirixido a máis de 150 estudantes de 4º
da ESO e 1º de bacharelato dos centros educativos da comarca, xa que son as
idades nas que se comezan a formalizar as parellas.
Manuel Regos Boquete. |
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
“O mellor xeito de erradicar a lacra social da violencia de xénero é a
prevención, un traballo que acada mellores resultados si conseguimos facelo
entre a xente nova"
"Dende a Mancomunidade de Ordes estamos seguros de
apoiar un programa coma este, que ademais se desenvolve nun espazo tan idóneo
como son as aulas dos centros académicos”
*