viernes, 19 de abril de 2013

Ordes acollerá un curso de responsabilidade social e outro para a obtención de competencias clave


Ambos está englobados dentro da RedeXiana2 e o prazo de inscrición rematará o próximo 3 de maio

O Concello de Ordes continúa formando parte do proxecto formativo RedeXiana2, promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo principal consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional e o apoio ao autoemprego.

No caso do Concello de Ordes téñense previsto un curso de responsabilidade social e outro de apoio para a preparación de competencias clave, cun total de 15 e 60 horas respectivamente. Poderán acceder ao proceso de selección aquelas persoas demandantes de emprego (coa tarxeta actualizada) que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso. 

Prazo
O prazo permanecerá aberto ata o próximo 3 de maio. Para recibir máis información poderas solicitar á área de de emprego do concello de Ordes (981 680002).

Neste proxecto combínase a formación teórica coa experiencia laboral en entidades e empresas. Ademáis tamén se ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través dun titor. 

Un acompañamento persoalizado que tamén inclúe un asesoramento especializado para persoas emprendedoras na posta en marcha da súa idea empresarial.

*