O próximo venres terá lugar na residencia de maiores de 16:00 a 18:00 horas
Esta fin de semana arrancou o ciclo de
conferencias sobre primeiros auxilios e prevención de riscos no fogar. O local
social da parroquia ordense de Beán foi a primeira cita desta iniciativa
desenvolvida polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes.
Dúbidas
Os
asistentes tiveron ocasión tamén de formular preguntas e ver resoltas todas as
dubidas en relación a este tema. O próximo venres repetirase o encontro na vila
de Ordes, concretamente será na residencia de maiores e no local social da
terceira idade ás 16:00 e 18:00 horas.
Estes
encontros están subvencionados pola Deputación da Coruña.
*