lunes, 15 de abril de 2013

Entrega de diplomas do curso de informática de Ordes



Organizado polo Concello, permitirá que moitos adultos poidan manexarse cun ordenador

O Concello de Ordes ven de clausurar otro dos seus cursos de informática polos que decenas de adultos e persoas maiores do municipio xa poden manexar un ordenador. 

Ao longo de todo o ano o Concello de Ordes convoca cursos de diversos niveis relacionados coas novas tecnoloxías, os cales teñen unha gran aceptación. 

Navegación por internet, fotografía e retoque dixital, sistemas operativos, etc, son algunhas das materias que se abordan nas clases que se teñen lugar na aula de informática ubicada na Casa da Cultura.

*