Ambos están homologados pola Xunta de Galicia
O Concello de Ordes convoca dous novos cursos de
monitor de tempo libro e de comedor escolar, cuxo prazo de inscrición xa está
aberto para os interesados. Ambos dous están homologados pola Consellería de
Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
O curso
de monitor de tempo libre terá unha duración
de 350 horas en total, das cales 150 serán prácticas, mentreos que o de monitor
de comedor escolar durará 60 horas. En ambos casos o horario será de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres, tamén os venres
de 16 a 21 horas, e os sábados de 9 a 14
horas e de 16 a 21 horas.
Quenes
queran inscribirse ou obter máis información poderán acadala no mesmo edificio
consistorial, chamando ao teléfono 981 680002 ou ben a través da web
www.fesan.org.
*