martes, 16 de abril de 2013

O Concello de Ordes emprende melloras nos viais do casco urbán

Intervencións de novo asfaltado na rúa de Galicia.

As rúas beneficiadas son Galicia, Casabella, Camposanto, Nova, Canteira e O Casal

Roberto González: "Pedimos disculpas polos inconvintes que estas obras poidan causarlle aos veciños"

O Concello de Ordes ven de emprender unha nova fase no proxecto de obras de mellora en rúas do núcleo urbán por valor de 328.000 euros. Na rúa Galicia realízanse arranxos e melloras tanto no pavimento como nas beirarrúas. Cada un dos cruces e interseccións desta zona están a ser remodelados. Nesta mesma rúa tamén se levou a cabo a instalación dunha rede de alcantarillado nova.

Na rúa Casabella e Camposanto estase a poñer un novo asfaltado e melloras  nas interseccións, así como do arranxo das beirarrúas. No caso da rúa Nova tamén se está a repasar o asfaltado ademais de arranxar os desperfectos que se localizan nas beirarrúas en ambas mans. 

Rúas Casabella e Canteira
Ademais de todo isto, agás na rúa Casabella, en cada unha destas travesías instalouse nas últimas semanas un novo sistema de iluminación. Outro dos arranxos realizados foi o da rúa Canteira, onde concretamente se levantou e volveuse a asfaltar un dos carrís que presentaba numerosas fochancas.

Dende o Concello anúnciase tamén que de cara ao vindeiro xoves darán comenzo as obras de arranxo e construción de novas beirarrúas na zona de O Casal

Roberto González.
A frase de Roberto González, concelleiro de Urbanismo de Ordes
"Dende o Concello de Ordes pedimos disculpas por todos os inconvintes que estas intervencións poidan causarlle aos veciños, pero é algo inevitable para poder levar a cabo uns arranxos que repercutirán moi positivamente nos residentes e nos visitantes”

*