sábado, 20 de abril de 2013

O pazo do Bidueiro acollerá a xuntanza de maiores o 26 de maio


A un prazo de cinco euros, inscricións na Casa do Concello de Ordes ata o 16 de maio

O vindeiro 26 de maio o Concello de Ordes celebrará a súa tradicional Xuntanza de maiores. Unha cita que terá como principal escenario o Pazo do Bidueiro, onde a partir das 13.30 horas se celebrará unha misa que estará seguida dun xantar

Para participar é preciso inscribirse no mesmo consistorio ata o 16 de maio, presentando o DNI e cun prezo de cinco euros por persoa.

*