O PP
de Ordes o atribúe á "irresponsable xestión" de Regos, que
“fundiu estes sete millóns de costas aos veciños e sen acometer
ningunha obra necesaria"
O PP de Ordes anunciou onte que o informe
sobre débeda viva das administracións locais, publicado polo Ministerio de
Facenda certifica o elevado endebedamento do Concello de Ordes, que a pesar de
contar con menos de 13.000 habitantes, se converte no sétimo máis endebedado de
toda a provincia da Coruña, por diante de municipios con moita máis poboación.
Os datos
publicados polo Ministerio de Facenda (accesibles premendo aquí: http://www.minhap.gob.es/es-ES/Areas%20Tematicas/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/DeudaViva.aspx), manifestan dende o PP local, poñen de manifesto que mentres a totalidade da débeda a longo prazo dos 94
concellos da provincia da Coruña supoñen unha media de 284 euros por habitante, en
Ordes, esa media elévase ata os 539 euros por veciño.
Advertencias dende o PP
Acredítase,
deste xeito, sempre segundo o PP, a veracidade das reiteradas advertencias efectuadas desde o
Partido Popular de Ordes, que leva tempo insistindo nos graves prexuízos que se
derivan da irresponsable espiral endebedadora impulsada polo alcalde Manuel
Regos.
Con todo, o portavoz municipal popular, José Luis Martínez Sanjurjo, adianta que o volume total da débeda do Concello de Ordes
excede amplamente os sete millóns de euros contabilizados polo Ministerio de
Facenda, dado que nese cómputo non se inclúen as obrigas a curto prazo das
numerosas facturas amoreadas nos caixóns da Casa Consistorial.
Débeda viva do Concello de Ordes a 31 de decembro do 2012:
Municipio
|
Poboación (Cifras oficiais a 1 de xaneiro de 2012)
|
Débeda 31/12/2012 (Miles de €)
|
A Coruña
|
246.146
|
79.500
|
Santiago
de C.
|
95.671
|
63.832
|
Ferrol
|
71.997
|
32.553
|
Narón
|
39.238
|
11.943
|
Culleredo
|
29.416
|
9.328
|
Boiro
|
19.165
|
7.587
|
Ordes
|
12.963
|
6.998
|
|
|
|
Ribeira
|
27.778
|
6.811
|
Ames
|
29.331
|
5.446
|
Oleiros
|
34.836
|
4.968
|
Provincia
da Coruña. Habitantes (*)
|
1.143.911
hab.
|
Débeda
viva total Concellos provincia da Coruña.
|
325.005.000
€
|
Débeda
municipal per cápita provincia Coruña
|
284,1
€/habitante
|
Concello
de Ordes. Habitantes (*)
|
12.963
hab.
|
Débeda
viva Concello de Ordes.
|
6.998.000 €
|
Débeda
municipal per cápita Ordes
|
539,8
€ / habitante
|
(*) Cifras oficiais da
poboación a 1 de xaneiro. Ano 2012. IGE
Martínez Sanjurjo (PP). |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“O peor de todo é que malia ao sete millóns de débeda viva fundidos polo alcalde, e que a día de hoxe pesan sobre as carteiras de todos os veciños, o Concello continúa sen acometer ningunha obra importante ou útil para os contribuíntes: as pistas están cheas de fochancas e sen mantemento, seguimos sen casa da xuventude; o deterioro da piscina cuberta vai a máis, e así un longo etcétera de carencias”
*