Os pequenos das escolas unitarias de Ordes e Mesía, admirando as obras dos xenios da pintura do século XX. |
Tamén pódense admirar pinturas de Klimt, Seoane e Arcimboldo
Pablo Picasso, Luis Seoane, Joan Miró, Gustav
Klimt e Giusseppe Arcimboldo. Estes son os pintores que nas últimas semanas
protagonizaron unha mostra moi especial, organizada polos nenos e nenas das
escolas unitarias de Buscás e Montaos, no concello de Ordes, así como os de
Olas e Visantoña, no concello de Mesía.
Vida e obra dos artistas
Axudados polas súas mestras e
familiares cada un tivo a misión de investigar a vida e obra dos artistas, para
posteriormente elaborar diversos traballos nas aulas que foron postos en común
entre todos eles.
*