Impartida por Belén Torrón, de Médicos del Mundo
O pasado xoves tivo
lugar en Ordes o encontro informativo destinado a traballadores do ámbito
sanitario e de servizos sociais sobre os cambios normativos e recursos relacionados coa
protección da saúde, os cales entraron en vigor o 1 de setembro do pasado ano.
Na xuntanza participaron arredor de 20 persoas e nela abordáronse as principais
dificultades que xurden no acceso ao sistema sanitario polas novidades
asociadas aos requisitos e a documentación requerida, especialmente a
colectivos como parados de larga duración, menores, persoas estranxeiras,
mulleres, etc.
A cita estivo especialmente dirixida ao persoal dos servizos sociais, dos
centro de saúde e das farmacias da Comarca de Ordes e estivo impartida por
Belén Torrón, persoal de Médicos del Mundo.
*