Os alumnos participantes no curso de lingua galega desenvolvido en Ordes. |
Silvia Marín: "Tiñamos tantas gañas de que se realizará un curso destas características e cun nivel tan alto como este”
Máis de 20 alumnos asisten dende esta semana ao
curso de lingua galega Celga 4 que se desenvolve en Ordes. “Cada vez
se exixe máis titulacións e cursos máis específicos para poder optar a un posto
de traballo, tanto na Administración pública como na empresa privada.
Por iso tiñamos tantas gañas de que se realizará
un curso destas características e cun nivel tan alto como este”, comentaba onte
na aula a tenente alcalde Silvia Marín.
Colaboración do Concello
Ademais, a edila tamén lles ofreceu
toda a colaboración por parte do Concello no relativo ao material ou
instalacións necesarias para o correcto desenvolvemento desta convocatoria.
*