Poderán tramitarse solicitudes para as 74 prazas dispoñibles ata o 15 de abril
A escola
municipal infantil Sorrisos abre onte luns o prazo de inscrición para o curso
2013-14. Os interesados poderán tramitar as súas solicitudes ata o próximo 15
de abril no Rexistro do Concello de Ordes.
Para conseguir os impresos, onde tamén se
especifica a documentación a presentar, basta con descargalos da web do
Concello (www.concellodeordes.com) ou ben
solicitalos tanto na escola como na mesma Casa Consistorial.
En total ofértanse 74 prazas repartidas en cinco unidades. Oito delas
están dirixidas a nenos e nenas ata un ano; outras 26 prazas de un a dous anos e 40 prazas de dous a tres anos. A escola
manterase aberta durante 14 horas diarias, de luns a venres de 07 a 21:00 horas.
O Concello de Ordes aplicará descontos e
axudas dependendo da renda per cápita familiar. Outras variables que se terán
en conta na aplicación de bonificacións serán a pertenza a familias numerosas,
monoparentais ou si se teñen irmáns xa matriculados no centro.
Axudas por fillos menores
Por outra banda, dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, destacouse a publicación no DOG con
data 1 de abril de 2013 das axudas para fillos menores de 3 anos.
A prestación
consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada menor, xestionado pola
Xunta de Galicia.
*