Un grupo de xóvenes achegándose á carpa instalada no Campo da feira de Ordes. |
Máis
de medio cento de mozos e mozas
achegáronse ata a carpa que a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO)
instalou a madrugada do pasado venres no Campo da Feira de Ordes.
Unha
iniciativa realizada conxuntamente co Concello de Ordes e da que fixeron uso
máis de medio cento de mozos e mozas que
acudiron á festa Wake up! Que se desenvolveu na discoteca LP45.
Algunhas destas
consultas incluiron o análisis voluntario e gratuíto de sustancias, entre os
que abundaron a cocaína e a metilendioximetanfetamina, máis coñecida como éxtase ou MDMA.
*