Andalucía, Comunidad Valenciana,
Cataluña, Murcia, Baleares, Canarias ou circuitos culturais e de natureza son
as opcións para esta quenda
Prazo de inscrición aberto ata o 1 de decembro, salvo os que se apunten por primeira vez
O Concello de Ordes materá aberto o
prazo de inscrición do seu programa de vacacións para adultos ata o próximo 1
de decembro. Aqueles que se apunten por primeira vez deberán de facelo ata o
día 9 deste mes de outubro.
Este ano os interesados poderán escoller entre distintos
puntos da Península, como son Andalucía, Murcia, Comunidad Valenciana ou
Cataluña. Tamén se pode optar ós territorios insulares de Baleares e Canarias,
así como a Portugal ou a circuitos culturais e de natureza en diversos puntos de
España.
Requisitos
Os requisitos para poder optar a unha
das prazas son ter cumpridos 65 anos de idade ou ben ser pensionista de viuvez maior
de 55 anos. Tamén poderán solicitalo os pensionistas do Sistema Público de
Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos. Todos os trámites levaranse a
cabo no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes.
Máis información no teléfono 981 680 002.
*