lunes, 8 de octubre de 2012

Simancas (PSOE) preguntará en Madrid pola rotonda de Merelle

Estado actual da rotonda na N-550 á altura do polígono industrial de Merelle.
O PSOE anuncia unha enmenda aos Orzamentos do Estado para que remate a provisionalidade desta infraestrutura

Os socialistas celebrarán o seu mitin central o sábado 13 ás 21:30 horas no restaurante El Túnel

O portavoz do PSOE na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, Gabriel Simancas, anunciou o pasado sábado durante un encontro café con afiliados e simpatizantes socialistas en Cerceda, a presentación dunha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado respecto á rotonda na N-550 que da acceso ao polígono industrial de Merelle


Pérez Rubalcaba e Xesús Pedreira, o sábado en Cerceda.
Logo da presentación de diversas iniciativas municipais e parlamentarias co fin de que o Ministerio de Fomento adopte unha "solución definitiva" á rotonda, a Agrupación local socialista de Ordes considera "impresdindible" rematar coa provisionalidade dunha infraestrutura que "xa dende fai moitos meses que debería estar resolta".  

No debate tamén participou o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Pachi Vázquez e outros destacados membros do partido, entre os que se atopaba o portavoz municipal socialista de Ordes, Xesús Pedreira.

Mitin socialista en Ordes
Os socialistas de Ordes celebrarán o seu mitin central en Ordes o próximo sábado 13 a partires das 21:30 horas no restaurante El Túnel. 

No encontro, que será presentado por Xesús Pedreira, intervirán a portavoz do PSOE no Congreso dos Deputados, a vallisoletana Soraya Rodríguez, e o candidato ao Parlamento de Galicia Xosé A. Sánchez Bugallo.

*