A tenor de Gonzalo Castro, trátase de documentación administrativa relacionada con obras. |
Castro: "Se trata dun auténtico escándalo que constitúe un atentado medioambiental"
O BNG de Ordes denunciou onte públicamente a existencia dunha escombreira na
zona de Esmorís, próxima ao polígono industrial de Merelle. Nesta escombreira
detectaron a existencia no medio do escombro de documentación administrativa do
Concello de Ordes.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, considerou un “auténtico escándalo esta forma de proceder
do Goberno municipal, que constitue un auténtico atentado medioambiental”,
e anunciou que “poremos en coñecemento
das autoridades competentes esta situación para que sexa investigada por se poidera
derivarse algún tipo e responsabilidade destes feitos”.
Castro afirmou que “a
documentación que poidemos ver no medio do escombro está bastante deteriorada
polo efecto das inclemencias meteorolóxicas, pero pode distinguirse claramente
que se trata de diferentes expedientes administrativos municipais, algúns deles
relacionados con obras”.
*