A mostra pode coñecersena biblioteca municipal de Ordes, nos baixos da Alameda da vila de Ordes. |
Poderanse coñecer obras de misterio e terror tales como Drácula ou Frankenstein
Co gallo do Día Internacional das
Bibliotecas que se celebra hoxe, o Concello de Ordes ven de organizar unha
mostra bibliográfica orientada aos máis novos.
Aproveitando a
proximidade do samaín expóñense toda unha serie de referencias de terror e
misterio con firmas tan populares como as de Stephen King, Agatha Christie ou Charlaine
Harris entre outros. Ademais xa están a disposición de todos os exemplares da
Colección Suspense e Terror, con títulos como Drácula ou Frankenstein.
*